Liberdade para o condutor do accidente de Cotobade, que carecía de carné e onde faleceu a súa acompañante

Está investigado por un delito de homicidio por imprudencia

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/10/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución nº2 de Pontevedra decretou este mércores a posta en liberdade do condutor do vehículo que o martes sufriu un accidente en Cerdedo-Cotobade e caeu ao río, falecendo o seu acompañante.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, o detido pasou esta xornada a disposición xudicial, investigado por un delito de homicidio por imprudencia, e acolleuse ao seu dereito a non declarar.

O suceso ocorreu pouco despois das 15,00 horas deste martes, cando o vehículo, no que viaxaba o mozo xunto a unha muller caeu ao río Almofrei ao seu paso por Cerdedo-Cotobade, concretamente desde a Ponte de Loureiro.

O mozo, de 24 anos e natural de Valongo, aínda que con domicilio en Madrid, foi capaz de saír polos seus propios medios e achegouse a unha leira para alertar aos veciños do sucedido e pedir axuda. A muller, de 29 anos e natural da capital española, non foi capaz de saír do turismo e, cando os servizos de emerxencias puideron sacala, xa falecera. Posteriormente, ao longo da tarde do martes foi detido o condutor do turismo, xa que carecía de permiso de conducir.

Imaxe do accidente do 28 de setembro na Avenida de Madrid.. POLICÍA LOCAL
Imaxe do accidente do 28 de setembro na Avenida de Madrid.. POLICÍA LOCAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta