Abre a Unidade de Conduta Suicida en Pontevedra co obxectivo de limitar os casos

Sitúase na planta baixa da Casa do Mar e conta con catro consultas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, presentou este mércores unha nova Unidade de Conduta Suicida que está situada no centro de especialidades da Casa do Mar, en Mollavao. Ao acto de inauguración deste espazo asistiu o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luís López.

Na planta baixa da Casa do Mar habilitáronse catro consultas, a actual do especialista de área de Psiquiatría da unidade socio-sanitaria e outro tres novas consultas para a Unidade de Conduta Suicida que conta tamén cunha sala de espera para pacientes, nuns espazos aos que se accede directamente desde o vestíbulo principal de entrada deste centro sanitario.

O persoal profesional desta unidade está conformada por un facultativo especialista da área de Psiquiatría, un profesional de Psicoloxía clínica, posto vacante polo momento, unha persoa encargada de enfermaría de saúde mental e un administrativo. A superficie total da zona asistencial reformada pola Xunta de Galicia en Mollavao abarca os 150 metros cadrados que anteriormente acollía á cafetaría da Casa do Mar.

SERVIZO COMPLEMENTARIO

Alfonso José Casas, xefe de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra, explicou que este espazo será complementario ás unidades de Saúde Mental co obxectivo de ofrecer as ferramentas necesarias para que os pacientes afronten as condutas suicidas e limiten o risco evitando dar o último paso.

Atenderá a pacientes de toda a área, que permanecerán ao redor de seis meses cun programa para detectar e aprender fórmulas que permitan afrontar esa conduta con atención tamén destinada a familiares dos pacientes. Segundo explicaba Casas, unha vez superada a situación serían trasladados á atención da unidade de Saúde Mental. A previsión é que os pacientes procedan dos servizos de Atención Primaria pero tamén doutras fontes como as propias unidades de Saúde Mental ou a área de Urxencias.

O xefe de Psiquiatría asegurou que Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de Galicia e outras comunidades como Asturias e Castela-León, ofrecen unha taxa alta de casos de suicido respecto ao resto de España. Tamén indicou que o suicido consumado está máis ligado ao ámbito rural, precisamente debido ao envellecemento e ao illamento, mentres que a dirección suicida non letal atópase relacionada co ámbito urbano ao estar máis vinculado á xente nova.

Do mesmo xeito, o perfil habitual sitúase en homes de máis de 70 anos con situación de patoloxía psiquiátrica, depresiva, con problemas de soidade, sufrimento físico ou patoloxías oncolóxicas. En todo caso, sinalou que os patróns non sempre son advertibles.

Tamén incidiu en que a conduta suicida é transmisible, de maneira similar ao que está a suceder coas condutas auto lesivas. Por este motivo, sinalou que é necesario falar racionalmente deste problema social pero sen amplificarlo.

Depresión, suicidio, fenómenos moi relacionados coas enfermidades mentais
Depresión, suicidio, fenómenos moi relacionados coas enfermidades mentais | Fonte: Pixabay - Daniel Reche

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta