Xunta responsabiliza "ao mercado farmacéutico" de que o Sergas non xustifique o 60% dos seus contratos

O conselleiro di que o Sergas "cumpre a normativa apliacable".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A Xunta atribuíu ás características do mercado farmacéutico que o Servizo Galego de Saúde non xustifique debidamente o 60% dos seus contratos, como apunta un informe do Consello de Contas que analiza o período entre 2012 e 2017.

Por este documento preguntou durante a sesión plenaria deste mércores no Parlamento de Galicia o deputado socialista Xulio Torrado durante unha interpelación parlamentaria dirixida ao conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña.

Despois de que o parlamantario do PSdeG puxese o acento en que os contratos sinalados por Contas representan "o 40% do gasto total da Xunta", o responasble da área sanitaria defendeu que o Sergas "cumpre a normativa apliacable" pero que as características da súa actividade, especialmente no referente á adquisición de produtos farmacéuticos, fai necesario recorrer a este tipo de contratación sen publicidade.

Con todo, Comesaña incidiu en que o informe do Consello de Contas fiscaliza o período entre 2012 e 2017 pero co prisma da lei de contratos no sector público, que empezou a aplicarse a finais do último ano analizado.

Segundo o conselleiro, a nova regulación introduciu cambios precisamente sobre a prorrogación de contratos sen publicidade, un dos aspectos denunciados por Contas no seu informe. Así as cousas, García Comesaña subliñou que o Sergas tomou nota das "recomendacións" efectuadas polo Consello de Contas.

Medicamentos, fármacos.. ISCIII - Arquivo
Medicamentos, fármacos.. ISCIII - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta