Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 20:52
Empresarios de Ourense denunciaron "novas incidencias e accións desproporcionadas dos piquetes", no primeiro día de paro da folga indefinida do siderometal convocada polos sindicatos, entre as que citaron o impedimento ao acceso a moitos traballadores ao seu posto de traballo "mediante altercados ou coaccións".
A Confederación Empresarial de Ourense, sinalou que nalgúns casos "producíronse agresións entre os propios compañeiros de traballo" e aseguraron que a "violencia demostrada" polos piquetes "non só os afatas dun esperado acordo", senón tamén da "posibilidade de volver sentar á mesa negociadora".
"Non poden pasar por alto a gravidade dalgúns feitos que, aínda que de carácter puntual, danse nalgunhas empresas", denunciaron os empresarios. Ante estas accións pediron calma e respecto cara á xente que quere ir traballar para "non lamentar agresións nin males maiores". Os empresarios estimaron que o seguimento da folga na primeira xornada é dun 30 ou 35% e sinalou que "algunhas empresas funcionan con total normalidade".
REUNIÓN DESTE PASADO MARTES
Noutra orde de cousas, lamentaron non alcanzar un acordo na reunión que tiveron este martes e resúltalles "incomprensible" que a parte laboral considerase "insuficiente un aumento por encima da media do que asinan noutras partes de España". A proposta empresarial era dun 13% en tres anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.