O Festival Galicreques celebra cinco novas funcións este mércores en Santiago

O encontro terá lugar ata o domingo 16 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A XXVII edición do Festival Internacional Galicreques, que se celebra en Santiago de Compostela ata o domingo día 16, continúa a súa actividade este mércores cun programa de cinco funcións que terá como prato forte as 'Especial Narradoras galegas', no que Olga Abad, Raquel Queizás e Carmen Domech pon o foco en 'Carapuchiña vermella'.

Este espectáculo, que abordará desde diferentes perspectivas esta figura, terá dous pases na carpa da Alameda, ás 12,00 horas e ás 18,00 horas. Nese mesmo recinto, destacou a organización, a compañía galega Fantoches Baj representará ás 20,00 horas a súa obra 'Auga que non vas beber', unha peza que mestura actores, música en directo e marionetas.

Esta peza é un recital satírico para monicreques, no que destacan diversas cancións populares como 'A saia da Carolina', 'O sermón do pai Damián' ou 'O cura está malo', entre outros cantos e contos que "remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral". Ademais, o grupo Monicreques Larderos representará 'Pelos, misión lixo' na Praza Roxa ás 13,00 horas. A obra, que tamén emprega marionetas, fala dunha cidade que cada vez está máis sucia.

Así mesmo, os 'Monicreques de Kukas' chegarán este mércores ao programa de Galicreques, ás 17,00 horas no Teatro Principal, coa función 'Don Gaifeiros', unha obra de teatro de monicreques de fíos e música en directo que, partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago, que narra a viaxe do peregrino francés Don Gaiferos de Mormaltan.

'Fantoche Baj'.. GALICREQUES
'Fantoche Baj'.. GALICREQUES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta