A láctea Kalekói de Lalín súmase á trintena de empresas adheridas ao selo Artesanía Alimentaria

A marca diferenza os produtos do campo e do mar que se elaboran de maneira tradicional.

Por E.P. | Pontevedra | 11/10/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, confirmou este martes a adhesión da empresa láctea Kalekói ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega aos seus responsables das licenzas de uso da marca e das cartas de artesáns. Así, esta firma lalinense súmase á trintena de empresas e ás ao redor de 50 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do campo e do mar que se elaboran de maneira tradicional, así como para protexer os seus produtores.

Kalekói recibe o selo de artesanía alimentaria
Kalekói recibe o selo de artesanía alimentaria | Fonte: Xunta.

O director destacou que os produtos lácteos da firma lalinense Kalekói poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastreabilidad e o control.

No caso de Kalekói, cuxas instalacións están situadas en Lalín e a gandaría familiar da que se abastecen en Rodeiro, a principal materia prima é o leite, co que diariamente elaboran iogur e quefir, ademais de envasar leite pasteurizada. En 2020 apostaron por vacas cunha xenética seleccionada que permite obter leite carente de beta-caseína A1, e que dá lugar á coñecida como leite A2, converténdose na primeira empresa galega que sacou ao mercado unha gama de iogures elaborados con este leite que permite unha mellor asimilación dos nutrientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta