Vitoria sobre a bucina

Un gol de Chino a falla de tan só un segundo dá o triunfo ao Santiago Futsal no derbi co Azkar Lugo, que segue sen sumar ningún punto. Segunda vitoria consecutiva dos composteláns.

Por gcdeportes | Lugo | 12/10/2014 | Actualizada ás 00:08

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Azkar Lugo 1:
Óscar Iglesias, Mimi, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza e Javi Río --cinco inicial-- Diego Núñez, Álex Diz, Manuel María, Antonio Diz e Jose López.
Santiago Futsal 2: Marcos Vara,  Lucas Bolo, Iván Rumbo, Borja e Gallego --cinco inicial-- Chino, Chus, Pablo Tallón, Hugo, Kike e Santi.
Goles: 1-0: Iago Rodríguez (minuto 9). 1-1: Borja (minuto 28). 1-2: Chino (minuto 40).
Árbitros: Martínez Segovia (manchego) e Muñez Carpintero (madrileño). Amarelas a Javi Río, Nacho Pedraza e Manuel María no Azkar e a Pablo Tallón no Santiago Futsal.
Incidencias: partido da 5ª xornada da LNFS no pavillón Municipal de Lugo ante 1.200 espectadores.

Derbi intenso no Municipal de Lugo.
Derbi intenso no Municipal de Lugo. | Fonte: pronelugoad.com

Intenso primeiro derbi galego na LNFS, que se decidiu cun gol de Chino sobre a bucina. Os pronistas seguen sen puntuar e o Santiago Futsal acada a segunda vitoria consecutica, que lle permite afastarse dos postos de descenso.

Tralos primeiros minutos de xogo, con moito respeto polos dous equipos, o recuperado Álex Diz avisou no minuto 8 do perigo local cun tiro ao longueiro tras xogada persoal. Un minuto despois, en xogada de estratexia, Iago Rodríguez adiantou o Azkar. Os locais tiveron ocasións para o segundo gol, a mellor nos pés de Manuel María nun man a man con Marcos Vara, pero o balón foise preto do pau. De Iván Rumbo e de Hugo foron as ocasións para os composteláns, pero o 1-0 non se moveu antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios, o Santiago adiantou a liña de presión e pasou a controlar o  partido. O Azkar apenas xeraba perigo, e o empate era cuestión de tempo. Kike asistiu a Borja, quen cun remate perfecto igualou o encontro. Quedaban aínda dez minutos longos. Os de Santi Valladares fixeron méritos para acadar os tres puntos, pero a vitoria non chegou o último segundo, nun saque de curruncho que acabaría co gol de Chino. Demasiada crueldade para o Azkar, que segue con cero puntos, e ledicia sen fin para o Santiago Futsal, que acada a segunda vitoria consecutiva, suma 6 puntos e afástase dos postos de perigo.

O adestrador visitante, Santi Valladares, resumiu o encontro: “Foi un derbi intenso; nos últimos oito minutos medramos e o traballo tivo recompensa. É certo que gañar no derradeiro segundo é un pouco cruel”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta