A Policía Local de Ourense mobilizada por cortes de luz, árbores caídas e inundacións debido ao temporal

Os axentes atenderon os desprendementos de anacos de tella en Pena Nofre e a caída de árbores en distintas rúas, entre elas Ervedelo e o paso peonil do Paseo Beiramiño, pero tamén en Xosé Luís López Cid, onde retiraron a árbore do teito dun vehículo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O temporal que nas últimas horas afectou a Galicia fíxose notar na provincia de Ourense. No caso concreto na capital, a Policía Local viuse obrigada a mobilizarse para atender numerosas incidencias.

Desde balsas de auga ata caídas de árbores ou apagamentos de semáforos foron algúns dos problemas na cidade das Burgas xa desde as 7,00 da mañá.

Máis en detalle, rexistráronse caídas do cable eléctrico nas rúas Pena Corneira e Vila Real e desprazáronse tapas de rexistro en Rairo, a praza Don Bosco, Valle Inclán e a Avenida de Marín.

Ademais, os axentes atenderon os desprendementos de anacos de tella en Pena Nofre e a caída de árbores en distintas rúas, entre elas Ervedelo e o paso peonil do Paseo Beiramiño, pero tamén en Xosé Luís López Cid, onde retiraron a árbore do teito dun vehículo.

Tamén houbo problemas coa rede de sumidoiros, que se viu desbordado en varios puntos da zona vella e do centro da cidade. Na rúa Júpiter alagouse un bar e as Galerías Santo Domingo tamén se viron afectadas pola auga.

En canto aos semáforos, sufriron cortes as cruces de Ervedelo, Velázquez, Pena Trevinca, A Saínza, Bedoya e a Avenida Buenos Aires, aínda que a rede semafórica recuperouse paulatinamente e pasadas as 11,00 horas xa funcionaba con normalidade.

Os bombeiros tamén atenderon unha ducia de incidentes. De feito, á primeira hora da mañá, colaboraron na excarceración dun home que quedou atrapado no interior da súa furgoneta, que se saíu da vía na A-52, no quilómetro 231, en sentido Vigo. O home quedara atrapado ao cravarse o gardarraíl da vía de circulación nunha perna.

Policías locais de Ourense co alcalde, Pérez Jácome.
Policías locais de Ourense co alcalde, Pérez Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta