Ecovidrio doará un euro contra o cancro de mama por cada quilo de vidro recollido en 30 municipios galegos

No marco desta campaña, por sétimo ano consecutivo, Ecovidrio instalou 35 colectores rosas en puntos emblemáticos de 30 concellos --case un 40 por cento máis que en 2021--.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/10/2022 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Ecovidrio doará á Fundación Sandra Ibarra, dedicada á loita contra o cancro de mama, un euro por cada quilo de vidro recolleito en calquera dos 35 colectores rosas que repartirá por unha trintena de municipios de toda Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez, visitou un destes 'iglús' localizado na Coruña con motivo da celebración este mércores do Día Mundial contra o Cancro de Mama.

Desde alí, Vázquez animou a toda a cidadanía a participar na campaña 'Recicla vidro por elas', que reúne a prevención desde dúas vertentes: na xestión de residuos e na detección desta enfermidade oncolóxica.

O seu obxectivo, tal e como destacou a conselleira, é "fomentar non só a reciclaxe de vidro e o coidado do medio ambiente, senón tamén colaborar na prevención e investigación do cancro de mama".

No marco desta campaña, por sétimo ano consecutivo, Ecovidrio instalou 35 colectores rosas en puntos emblemáticos de 30 concellos --case un 40 por cento máis que en 2021--.

En concreto, os 'iglús' situaranse nos municipios da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Narón, Carballo, Noia, Curtis, Fene, Boiro, Porto do Son, Ribeira, Lugo, Burela, Cervo, Chantada, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Barbadás, Celanova, Ribadavia, Vigo, Gondomar, Marín, Mos, Poio, Redondela, Sanxenxo, Tomiño e Vilagarcía de Arousa.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, xunto a un dos colectores da campaña de Ecovidrio 'Recicla vidro por elas'.. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, xunto a un dos colectores da campaña de Ecovidrio 'Recicla vidro por elas'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta