Detido tras roubar decenas de imaxes de virxes de vitrinas de nichos en cemiterios de Arteixo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Un veciño de Coristanco  foi detido por roubar decenas de imaxes de virxes do interior das vitrinas de nichos de catro cemiterios do municipio coruñés de Arteixo.

O home dedicábase a asaltar os camposantos para forzar cunha chave os nichos co obxectivo de subtraer as imaxes metálicas que decoran as vitrinas, segundo informou a Garda Civil este venres.

A presentación de varias denuncias motivou a apertura dunha investigación para dar coa identidade do asaltante, ao que, tras ser detido, impútanselle un delito continuado de roubo con forza nas cousas e outro, tamén continuado, de furto. As imaxes roubadas foron recuperadas para a súa devolución aos seus propietarios.

Imaxes roubadas de varios cemiterios de Arteixo
Imaxes roubadas de varios cemiterios de Arteixo | Fonte: GARDA CIVIL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta