A Xunta ve "vontade real" do Goberno de implantar peaxes en autovías e rexeita "agravios" con Galicia

O Goberno expuxo a posibilidade de crear un sistema progresivo no que se teña en conta a capacidade económica de cada usuario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2022 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, considerou que existe "vontade real" por parte do Goberno central de implantar unha peaxe en autovías e rexeitou "agravios" con Galicia pola súa situación periférica.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, e despois de que a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, expuxe a posibilidade de crear un sistema progresivo, no que se teña en conta a capacidade económica de cada usuario, de cara á implementación das peaxes en todas as autovías do Estado.

Sobre esta cuestión, Ethel Vázquez considerou que o único "claro" é que hai por parte do Goberno central unha "vontade real dese pago de uso por autovías". "Unha vez acreditado ese pago por uso, sorpréndenos que non se coñeza a forma e que tampouco se coñeza o horizonte temporal", advertindo, ademais, do "agravio" para Galicia dunha "taxa de percorrido por quilómetro".

Desta última, dixo que "agravaría a posición periférica de Galicia" e favorecería "a Euskadi e Cataluña nos mercados europeos". En canto aos argumentos de Pardo de Vera que cualifican o actual modelo de financiamento de estradas como "insustentable", a conselleira instou o Goberno central a facer "un esforzo de priorización dos investimentos destinados a estradas". "As nosas de titularidade autonómica están en boas condicións", apostilou.

Tramo de autovía. GARDA CIVIL
Tramo de autovía. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta