Acción conxunta de Stop Desafiuzamentos

O colectivo contra os levantamentos concentrarase diante das oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo en varias cidades galegas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/10/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Stop Desafiuzamentos realizará este venres a súa primeira acción colectiva en Galicia. As distintas plataformas das cidades galegas acudirán ás oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para denunciar publicamente o abandono das súas responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas no país, así como para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País.

Protesta de Stop Desahucios na Coruña en defensa de Aurelia
Protesta de Stop Desahucios na Coruña en defensa de Aurelia | Fonte: tingalaranga

Nesta iniciativa participarán actividas de Stop Desafiuzamentos A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo e STOP Desafiuzamentos-Rede Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Os seus integrantes concentaranse de xeito simultáneo nas sedes do IGVS.

Este colectivo denuncia que, desde maio de 2012, cando a Xunta publicita un decreto “para paliar os efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas, non se sabe de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto. 

Tamén critica que, en decembro de 2012, o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anunciou un Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no Consello de Goberno do día 5.  “Non se sabe de ningunha familia ou persoa á que se lle teña concedido unha destas vivendas. As solicitadas co apoio de STOP Desafiuzamentos A Coruña foron todas denegadas. Saíu publicado na prensa que se concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando, nin a través de que procedemento”, critica esta plataforma.

Por outra banda, en xaneiro de 2013, o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina, comprométese con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia vai quedar sen dereito a unha vivenda digna. “Esta mesma mentira vendeulla o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos Compostela apenas un mes máis tarde”, denuncia.

Lembran, ademais, que alegando non apreciar “singularidade” con respecto ás outras 5.000 solicitantes, na Coruña neste momento o IGVS denégalle unha vivenda pola vía de emerxencia a unha muller enferma de fibromialxia e ao coidado da súa nai as 24hrs. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta