Localizada nunha zona inaccesible en Zamora a avioneta anti-incendios desaparecida o mércores

Foi atopada no municipio zamorano de Porto, no límite con Ourense.

Por Europa Press / Redacción | Zamora | 21/10/2022 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil e dos Bombeiros localizaron a avioneta anti incendios que desapareceu o pasado mércores, 19 de outubro, nunha zona de difícil acceso no concello zamorano de Porto, no límite con Ourense.

Mando instalado para coordinar o dispositivo de procura da avioneta, a 20 de outubro de 2022, na Gudiña, Ourense
Mando instalado para coordinar o dispositivo de procura da avioneta, a 20 de outubro de 2022, na Gudiña, Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno en Castela e León, os efecitivos de procura avistaron a avioneta nunha zona inaccesible de Porto, polo que ata o lugar íanse desprazar efectivos do Greim, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil.

A avioneta, un monopraza Thrush 710P con matrícula EC-MXL, atopábase realizando un voo de traslado o mércores desde as 11.35 horas entre a base de Doade (Monforte de Lemos, Lugo) e a base de Córdoba, pero as malas condicións climatolóxicas fixeron que o piloto decidise regresar ao momento de partida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta