Podemos Ferrol presenta a candidatura 'Agora Ferrol' para as eleccións municipais

Está encabezada por Borja San Ramón.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Podemos Ferrol presenta este xoves, 27 de outubro, a candidatura unitaria 'Agora Ferrol', que aspira a representar Podemos nas eleccións municipais e que encabeza Borja San Ramón. Será ás 18:30 da tarde na sede que a formación ten na cidade.

Podemos Ferrol
Podemos Ferrol | Fonte: remitida

Desde a organización lembran a todas as persoas inscritas que o período de votacións para estas primarias empeza o 28 de outubro e termina o 3 de novembro, e que pode facerse de maneira telemática ou na propia sede da formación. Os resultados faranse públicos o día 4 de novembro.

Posteriormente á presentación da candidatura, o partido organiza a charla "Emafesa, a gran estafa", que tratará a problemática actual de Emafesa e que contará como relatora con Inacio Martínez, membro da Plataforma na Defensa dos Servizos públicos.

Desde a formación cren que esta é unha das "cuestións importantes" que afectan actualmente a cidadanía de Ferrol. Ademais, segundo palabras da cabeza de lista para as municipais da formación, Borja San Ramón, "aínda hai moitas cousas por aclarar e resolver con respecto ao saneamento da cidade".

Falan, por exemplo, do saneamento da zona rural, que foi obxecto de debate nun dos últimos Plenos do Concello; as lecturas estimadas realizadas pola compañía, que levaron moita veciñanza a presentar queixas por recibir facturas moi elevadas; ou tamén o cobro da taxa de depuración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta