A oposición tacha as contas de Infraestruturas de "ser de ciencia ficción"

"Nin fantasías, nin esquecementos flagrantes", sostén a conselleira Ethel Vázquez

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

s grupos da oposición no Parlamento galego puxeron en cuestión partidas incluídas nos orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2023, que ascende ata os 578,5 millóns, cualificando de "copia e pega" as contas e denunciando a inclusión de proxectos de anteriores anos.

Así o sostiveron na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos na que a titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez, expuxo o contido duns orzamentos dos que reivindicou partidas como as destinadas á seca, ao transporte metropolitano ou as autoestradas da Xunta.

"Nin fantasías nin esquecementos flagrantes", sostivo ante as críticas dos grupos da oposición, ante os que negou tamén concesión de investimentos de maneira "partidista" a concellos gobernados polo PP.

Na súa exposición, sostivo que se destinarán máis de 24 millóns a mellorar a resistencia fronte á seca e a actuar nos sistemas de abastecemento municipal, así como 12,6 millóns para afrontar os riscos de inundacións.

En alusión a medidas de apoio ás familias, citou os 4,8 millóns para conxelar as peaxes e manter as bonificacións nas autoestradas galegas e os 90 millóns do transporte público para financiar o 76% do custo da prestación deste servizo aos cidadáns e o 100% aos menores de 21 anos.

Tamén cifrou en 80 millóns a partida destinada a mellorar a calidade das augas, en actuacións vinculadas ás redes de saneamento e depuración. Por outra banda, aludiu á mobilidade sustentable como actuación prioritaria, cun total de máis de 27 millóns para o plan de sendas.

Ethel Vázquez fixo unha defensa do funcionamento do transporte metropolitano, ante as referencias ás críticas de usuarios por problemas nalgunhas liñas, e en alusión aos socialistas indicou que "desaparecería o sector da obra pública se ejecutaramos como executan vostedes".

POSTURA DOS GRUPOS

"É un documento de ciencia ficción", argumentaron desde o BNG, formación para a que o orzamento "está hipotecado" pola débeda". "A principal partida é pagar débedas", sostivo o deputado Luís Bará en relación a infraestructurras executadas. Tamén indicou que se anunciaron plans "contratados en 2012 e 2013".

Desde o grupo socialista, rexeitouse que o Goberno "negue" á Xunta fondos Next Generation e asegurouse que se inclúen nos orzamentos partidas "non executadas" e que están a pasar de "un ano a outro". Tamén denunciaron falta de "vertebración" do rural. Fronte a iso, desde o PPdeG culpouse da os socialistas de proxectos paralizados por "non porse de acordo" entre "compañeiros" de partido.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comparece na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos. CONCHI PAZ
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comparece na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta