O salario da metade dos traballadores en Galicia non chega aos sete euros a hora

Mentres, por sexo, os salarios medios e os medianos por hora nos sete grandes concellos son superiores no caso dos homes aos que perciben as mulleres, agás Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2022 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A metade dos asalariados galegos ten un salario inferior aos 6,8 euros a hora, segundo apunta un estudo que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En 2020, de acordo con este estudo, o salario por hora medio en Galicia situouse nos 8,4 euros, mentres que a mediana foi de 6,8 euros por hora, o que quere dicir que o 50% das persoas asalariadas ten un salario inferior aos 6,8 euros a hora.

No referente aos sete grandes concellos, fóra de Lugo e Ourense, todos teñen un salario medio igual ou superior á media galega.

Mentres, por sexo, os salarios medios e os medianos por hora nos sete grandes concellos son superiores no caso dos homes aos que perciben as mulleres, cunha única excepción.

A excepción correspóndese coa mediana do salario por hora en Santiago, onde o valor para as mulleres supera ao dos homes, segundo o IGE.

O peso dos salarios no PIB galego sobe unha décima en 2018, tras oito anos de caída. EUROPA PRESS - Arquivo
O peso dos salarios no PIB galego sobe unha décima en 2018, tras oito anos de caída. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta