Reinician a busca do piragüista desparecido o venres no río Lérez en Pontevedra

O desaparecido está vinculado ao Club Naval de Pontevedra ademais de ser irmán da expalista olímpica Ana Penas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/10/2022 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Á primeira hora da mañá deste sábado renováronse as tarefas de busca do piragüista que desapareceu o pasado venres nas augas do río Lérez ao seu paso pola cidade de Pontevedra.

Tras interromperse o operativo pasadas as 19,30 horas do venres debido á baixa visibilidade, os mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil traballan xa na zona para tratar de dar co paradoiro de José Manuel Penas Balchada.

Ademais dos especialistas da Benemérita, tamén participan no dispositivo membros dos bombeiros de Pontevedra, Policía Local, Salvamento Marítimo e outros servizos de emerxencia.

A turbidez da auga continúa dificultando a procura do piragüista, que foi visto por última vez na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo.

Unha persoa que se atopaba correndo pola Avenida de Domingo Fontán alertou aos servizos de emerxencia tras ver como o desaparecido caía da súa embarcanción á que primeiro puido agarrarse aínda que non conseguiu manterse e acabou afundíndo no río.

José Manuel Penas, cuxa piragua foi recuperada polos bombeiros horas despois da súa desaparición, está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e irmán da expalista olímpica Ana Penas.

Dous gardas civís nun dispositivo de procura na Ría de Pontevedra, a 28 de outubro de 2022, en Pontevedra, Galicia (España). Os bombeiros de Pontevedra despregaron un dispositivo de procura no río Lérez por un piragüista desaparecido ao vo. Beatriz Ciscar - Europa Press
Dous gardas civís nun dispositivo de procura na Ría de Pontevedra, a 28 de outubro de 2022, en Pontevedra, Galicia (España). Os bombeiros de Pontevedra despregaron un dispositivo de procura no río Lérez por un piragüista desaparecido ao vo. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta