Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/11/2022 | Actualizada ás 19:11
Xurxo Souto será o condutor do III Marcha pola Devolución da Casa Cornide, que se celebrará o sábado, día 5, segundo informaron os seus promotores.
Trátase dunha protesta co apoio de 120 entidades e nunha relación na que, segundo lamentaron, non están nin o PSOE nin o PP, "os dous principais partidos na corporación municipal".
Ademais da petición de colaboración para unha marcha que sairá ás 12,00 horas da praza de María Pita, solicitaron megafonía e a difusión nos medios municipais.
Haberá tamén unha representación de Franco, a cargo de Fernando Morán, e de Carmen Polo, neste caso por parte de Isabel Risco. A marcha estará acompañada por un grupo de gaitas e de escritores e escritoras que lerán textos sobre a Casa Cornide.
A eles, sumaranse artistas plásticos que pintarán e debuxarán nunha pancarta. A lectura do manifesto estará a cargo do xornalista Antón Luaces.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.