Baltar reivindica o valor das paisaxes terapéuticas "na promoción da saúde e o benestar"

O presidente da Deputación de Ourense abriu a celebración da quinta edición do Día Europeo do Patrimonio Termal cun vídeo no que deu a benvida ás persoas asistentes ao evento organizado polo Comité Científico da EHTTA.

Por E.P. | OURENSE | 04/11/2022 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense e da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), Manuel Baltar, abriu a celebración da quinta edición do Día Europeo do Patrimonio Termal cun vídeo no que deu a benvida ás persoas asistentes ao evento organizado polo Comité Científico da EHTTA.

A cita, acollida este ano pola cidade polaca de Ladek -Zdrój en formato en liña e presencial, naceu en 2018 para, segundo explicou Manuel Baltar na súa intervención, "mellorar o coñecemento do noso patrimonio termal común e resaltar o seu valor como unha tradición centenaria en toda Europa, perseguindo un maior recoñecemento dos problemas que afectan o futuro deste valioso patrimonio común".

A primeira edición deste evento remóntase a 2018, Ano Europeo do Patrimonio Cultural, en Budapest. Despois seguiron Spa e Baden-Baden. En 2021, a cidade alemá de Wiesbaden arrincou un ciclo de tres anos ao redor da "paisaxe terapéutica" centrándose no urbanismo termal. Este ano, as conferencias viraron ao redor dos "parques e xardíns".

No vídeo, gravado en Cabreiroá, Manuel Baltar profundou no que supón o patrimonio termal, un "fenómeno europeo moi particular, que inclúe recursos naturais, culturais e intanxibles". "O concepto de patrimonio termal utilízase para promover a saúde e o benestar, desenvolver os nosos destinos e protexer magníficas paisaxes culturais", reivindicou.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Parlamento. ALBERTE PAZ
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Parlamento. ALBERTE PAZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta