Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 20:47
O 112 Galicia participa na procura dun home que desapareceu este sábado en Vilar de Barrio (Ourense), no lugar de Porto.
Segundo informan, a unidade de drones da Axencia Galeag de Emerxencias (Axega) colabora no dispositivo. O servizo tivo coñecemento da desaparición do home ao mediodía de hoxe, a través dun dos seus familiares.
Activouse entón un dispositivo de procura, no que tamén interveñen as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilar de Barrio, Sarreaus, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e de Maceda, así como os efectivos do GES de Laza e Maceda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.