Conde subliña o "esforzo" da Xunta por acompañar aos autónomos "fronte as circunstancias excepcionais"

Recoñeceu o seu compromiso con "o seu bo facer e co seu bo servizo, así como o seu sentido da responsabilidade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2022 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron en Sanxenxo no XII Congreso das persoas traballadoras autónomas, organizado por APE Galicia.

Na súa intervención, Conde felicitou aos premiados e recoñeceu o compromiso con "o seu bo facer e co seu bo servizo, así como o seu sentido da responsabilidade". Subliñou ademais o esforzo da Xunta por acompañar ás pemes e autónomos "fronte ás circunstancias excepcionais que está a provocar a inflación, o prezo da electricidade ou os problemas de subministración, agravados pola guerra de Ucraína".

Lembrou ademais a este respecto que os autónomos foron un "colectivo prioritario" á hora de aprobar o catro plans de rescate para axudar aos sectores máis afectados pola pandemia, e apuntou que "tamén están a ser prioritarios nas diferentes medidas que se están adoptando para que o custo da enerxía e das materiasprimas teña o menor impacto posible nolos seus negocios".

Sobre isto, detallan nun comunicado que 30 millóns de euros do orzamento da Xunta para o próximo ano destinaranse a ese obxectivo a través do programa Impacto Autónomo, cunha axuda media de 1.200 euros.

En total, destinaranse de maneira específica preto de 57 millóns de euros para apoiar ao colectivo de autónomos e autónomas galegas, que neste momento representa o 20% das afiliacións na Comunidade. Ademais, lembran que pemes e autónomos poderán acceder a diferentes apoios para implantar instalacións de autoconsumo e para reducir o consumo de enerxía, con programas como o Bono Enerxía Peme.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta