Soben os casos da gripe pero Sanidade descarta problemas nos centros hospitalarios

O Sergas adianta os plans de contixencia pola gripe ante o aumento de casos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/11/2022 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade está a adiantar os plans de continxencia para estar "preparados o máximo posible" para a incidencia da gripe, cuxo pico se espera a finais de novembro e principios de decembro.

Así o manifestou o seu titular, Julio García Comesaña, coincidindo coa súa asistencia á inauguración dunhas xornadas de biomedicina, biomateriales e nanomedicina. Cuestionado sobre a posibilidade de que se adiante o pico da gripe, manifestou que as previsións "sempre están suxeitas a certa incerteza".

No entanto, confirmou que xa se viron "os primeiros casos a principios de setembro", motivo polo que, segundo explicou, a Xunta apostou por inocular a vacina da gripe coa da covid aos maiores de 60 anos.

Por outra banda, confirmou que os casos "van aumentando" e apuntou que a previsión é que o pico da gripe se alcance "a finais de novembro e principios de decembro". Por ese motivo, dixo que se están "adiantando os plans de contixencia" de cara a estar "preparados o máximo posible para ese incremento". Con todo, aclarou que non hai aínda un "aumento significativo".

Por iso, descartou problemas nos ingresos en centros hospitalarios. "Si que temos un problema nos ingresos dos máis pequenos, a poboación pediátrica", unha situación que neste caso atribuíu aos virus respiratorios propios da época.

Enfermeira fornecendo unha vacina. EUROPA PRESS - Arquivo
Enfermeira fornecendo unha vacina. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta