Galicia duplica en 2022 as hectáreas queimadas nos últimos catro anos, con máis de 51.000 h arrasadas

O conselleiro insiste en responsabilizar á seca do desastre. Só a vaga de lumes de 2017, con 62.000 hectáreas queimadas, supera a superficie queimada nos lumes deste ano na última década.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2022 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Galicia contabiliza no que vai de ano máis de 51.000 hectáreas queimadas en incendios forestais das que case o 75% --38.000 hectáreas-- arderon durante o mes de xullo, no que se produciron cinco dos 13 grandes incendios (de máis de 500 hectáreas) de 2022. Isto supón case o dobre do que se queimou nos últimos catro anos xuntos.

Terreno arrasado durante a vaga de lumes de 2022
Terreno arrasado durante a vaga de lumes de 2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Así, desde 2018 ata 2021 queimáronse en Galicia pouco máis de 28.000 hectaŕeas; en 2018 (2.618 ha), 2019, (6.845 ha), 2020 (14.791 ha) e 2021 (4.396 ha). A superrficie queimada este ano só foi superada polas 62.000 hectáreas que arderon en 2017, o peor ano na loita contra incendios da época Feijóo.

As cifras foron achegadas polo conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa comparecencia este martes no pleno do Parlamento de Galicia, onde fixo balance da tempada alta de risco de incendios, concluída a finais do mes de outubro.

Desde comezos de ano ata o 31 de outubro, a Administración autonómica tivo constancia de 1.609 incendios, dos cales, o 82% (1.313) quedaron en conato ao afectar a menos dunha hectárea. Dos 296 restantes, 76 lumes superaron as 20 hectáreas.

Ademais, durante este verán foi necesario activar en 23 ocasións a coñecida como 'situación 2' por risco das chamas a núcleos habitados, unha cifra que, como resaltou González, é moi superior á media da última década (seis veces ao ano).

Todo iso, como incidiu o conselleiro, nun verán marcado pola anomalía meteoroloxía, con temperaturas por encima do normal e nun contexto de seca, ao que hai que sumar as treboadas que no mes de xullo desataron parte dos incendios máis graves da tempada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como en todo seguimos levantando acta da morte desta Terra ! Agora inventaron a declaración de Situación 2 para deixar arder o monte ata que se apaga por sí mesmo ! Algúns toliños pensan que poden facer algo máis que lamentarse : https://www.verkami.com/projects/34...