Operación antidroga na Coruña con varias persoas detidas nun operativo conxunto entre Garda Civil e Policía Nacional

A operación por parte dos axentes da Policía Nacional e a Garda Cvil iniciouse pola mañá e supuxo tamén actuacións noutros municipios próximos á cidade herculina.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 09/11/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Varias persoas foron detidas na Coruña e a súa área nun operativo conxunto de Garda Civil e Policía Nacional contra a venda de drogas.

Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación en relación a un operativo desenvolto o martes contra o menudeo de droga e que segue baixo secreto de sumario.

Dos detidos, polo menos un foi na zona da Rolda de Outeiro e outro na rúa de Santo Tomás, no barrio de Monte Alto, segundo as fontes consultadas.

A operación por parte dos axentes da Policía Nacional e a Garda Cvil iniciouse pola mañá e supuxo tamén actuacións noutros municipios próximos á cidade herculina.

Algúns dos detidos, precisaron as mesmas fontes, foron por parte da Policía Nacional e outros pola da Garda Civil.

Sobre a mesma, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, sinalou que se trata dunha operación que "viña de datas anteriores", pero que se desenvolveu na xornada do martes.

Tamén ratificou que está baixo secreto de sumario e destacou a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Así mesmo, confirmou que segue aberta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta