As campañas de Nadal e o Black Friday xerarán 54.000 novos contratos, segundo Adecco

Os contratos aumentarán un 8% en Galicia.

Por E.P. | VIGO | 11/11/2022 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Os contratos para as campañas de Nadal e o Black Friday aumentarán un 8% en Galicia, segundo as previsións da empresa de xestión de recursos humanos Adecco.

A compañía explica que, a pesar de que os últimos datos do Goberno mostran que o emprego reflotou o pasado mes de outubro cunha caída no número de parados de 27.027 persoas, a inflación, o desabastecemento de materias primas e a prolongación da invasión rusa de Ucraína fan que as previsións de contratación para a campaña de Nadal e o Black Friday deste ano se sitúen nun increcemento do 8%, unha cifra "moderada" ao tratarse dun dos menores incrementos dos últimos anos.

Este incremento do 8% dos contratos para a campaña de Nadal e o Black Friday suporá a creación de case 54.000 novos postos de traballo en Galicia, dos case 1,11 millóns de contratos que se prevén para toda España, o que situaría a Galicia na parte media da lista de autonomías, situándose en sétima posición.

Ademais, Adecco sinala que a campaña de Nadal deste ano será atípica debido á entrada en vigor da reforma laboral, que provocou un cambio na tipoloxía dos contratos. Así, dos 1, 11 millóns de contratos que se prevé que realice o sector das empresas de traballo temporal, un 20% será contratos fixos-descontinuos. 

Unha muller camiña con bolsas con compras no Black Friday
Unha muller camiña con bolsas con compras no Black Friday | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta