O BNG propón que a banca se faga cargo do 75% dun fondo de rescate hipotecario

Advirte que moitas familias terán que destinar o 30% do seus ingresos mensuais a pagar hipotecas o vindeiro ano.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo este luns un fondo de rescate hipotecario no que a banca achegue o 75 por cento da contía, como unha maneira de "devolver aos galegos" o que achegaron na crise anterior para o rescate das entidades.

Este fondo, do que non concretou a contía porque serían necesarios datos bancarios máis precisos dos que non dispoñen os nacionalistas --xustificou--, estaría destinado aos galegos con ingresos inferiores ao salario medio do Estado (26.832 euros anuais) e a cuxa hipoteca teñan que dedicar un 30 por cento dos seus ingresos mensuais netos.

En rolda de prensa, a líder nacionalista reclamou á Xunta que "tome a iniciativa" e se anticipe ante o "grave problema" que vai supor a subida dos tipos de interese para as 225.000 familias galegas que están a pagar unha hipoteca e que, por tanto, non se limite "a tomar nota" do que previsiblemente sucederá.

Pontón advertiu de que a crise vai supor "apertar un buraco máis" o botón do cinto para os galegos, que xa non "poden" soster nesa situación. Segundo os estudos, van supor de media subidas de 200 euros mensuais, o que para algunhas familias pode significar perder as súas vivendas habituais.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ultimamente tódolos partidos andan a repartir cartos que non teñen... ¿Cantos galegos poden pagar unha hipoteca ingresando 27.000 € brutos anuais? A ver se imos pagarlle a hipoteca a estes artistas ? https://www.eldebate.com/espana/202... O mundo ao revés ? Onde eu vivo ninguén preguntou como a Presidenta da Deputación pode vivir nun chalet valorado en 1,8 Millóns ? Outros mercaron casa en Galapagar ! Estamos fartos !!!