A TVG lanza unha serie baseada nunha obra dunha escritora crítica coa normalización

A Coruña foi onte a cidade escollida para a presentación dunha nova produción participada pola Televisión de Galicia, “Hotel Almirante”, inspirada na novela homónima da autora lucense Marta Rivera de la Cruz. Curiosamente esta escritora é unha das intelectuais galegas máis activas contra as políticas normalización e a Lei fixa que unha das funcións básicas da TVG, é precisamente, promover o idioma propio.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/10/2014 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A rodaxe, que comezou o 27 de outubro, conducirá ao equipo desta produción durante cinco semanas por distintas localizacións da cidade da Coruña e de Lugo.

Rivera de la Cruz nunha imaxe da Wikipedia
Rivera de la Cruz nunha imaxe da Wikipedia

O acto ante os medios, organizado pola TVG e por Formato Producciones no IES Eusebio da Guarda, contou coa participación da directora xerente da TVG, Rosa Vilas; da coordinadora de política audiovisual da Agadic, Dolores Meijomín; do presidente do Clúster Audiovisual Galego e produtor executivo da miniserie, Andrés Barbé, e dos actores Fernando Tato e Rosalía Castro. Tras a presentación, os asistentes puideron acudir á gravación de “Hotel Almirante”, que se concentra durante toda a xornada neste centro de ensino.

A trama de “Hotel Almirante” comeza coa aparición do cadáver dunha moza na habitación do hotel rexentado por Rosalía Leal. As primeiras evidencias da policía confirman que se trata dun suicidio, pero a publicación no xornal dunha carta da falecida, implica sentimentalmente a Javier, pertencente aos Aldao, unha poderosa familia da cidade. Este suceso e o regreso de Javier Aldao á localidade van desencadear un torbellino de sentimentos na protagonista. 

Antonio Cuadri dirixe a un elenco de actores e actrices galegos, entre os que se atopan Ana Turpin, Fernando Tato, Rosalía Castro, Xoque Carbajal e Mariana Expósito. A produción de “Hotel Almirante”, integrado por un equipo de máis de 40 persoas, atrapará aos espectadores coa variedade de ingredientes que lles ofrece: recrea a sociedade dunha cidade imaxinaria Ribanova na métade do século XX, desenvolve a fonda historia do hotel e mantén a intriga desde o comezo mesturándoa coa narración dunha apaixonante historia de amor.

Rivera de la Cruz apoiou en varias ocasións os argumentos de Galicia Bilingüe, organización que reclama a derogación inmediata del Decreto 124/2007, que regulab a Lei 3/1983 de normalización lingüística no ensino. Malia isto, a Xunta, gobernada polo PPdeG, escolleuna tamén para colaborar nos actos de homenaxe a Rosalía, o que lle valeu as críticas do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Vergoña allea

Intelectuqué? Se sempre está coas mesmas lerias! Escoitei pegas con mellores argumentos cos da esta señora. O último pensamento interesante que tivo foi no tempo de Fraga. Práceme ver coma lampantíns da calaña do señor dabaixo danlle vivas a este "referente". Polo menos a babiolada segue noutro lado do rego.

1 FARTODALINGUA

Hay que ser un fascista impresentable, un ser muy mezquino e intolerante; hay que ser muy estrecho de miras y estar lleno de prejuicios y de complejos; hay que sufrir las consecuencias de un pensamiento totalitario y excluyente, y rebosar envidia y mala baba; hay que situar a la tribu por encima de los derechos de ciudadanía; es decir, hay que ser NAZIONALISTA para defender la ANORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Las personas tienen derecho a ser críticas y a pensar diferente y no por eso ser sufrir discriminación. A los del Bloque y demás acólitos se les llenó la boca durante muchos años con las bondades de la educación en la lengua materna. Pero cuando la lengua materna de los niños es el español, ahí no hay derechos que valgan. FUERZA MARTA Y A POR ELLOS QUE SON POCOS Y MUY MUY COBARDES

1 112

Cando dis todo iso de "hay que...", "hay que...", "hay que..." dá a impresión de que escribes un decálogo sobre as obrigacións que te impós a ti mesmo. Eu creo que te describes moi ben: un NAZIONALISTA que defende a ANORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. E ademais quere obrigarnos a todos a ser "fascistas impresentables" "mezquinos e intolerantes", "acomplejados", etc. E se non queremos? Pasarás da violencia verbal á violencia física? Como están estes fachas de alterados, por favor...

2 Doutor Moreno

O típico Mercenario e Cipaio ao servizo (remunerado, claro está) do Ministerio do Interior trufado co mais significativo lambeortismo matritense e o mais flotido dos mellores xornalistas sobre colledores da vila e corte..... Só lle falta o onanismo explícito diante da foto da Gloria Metílico Lago.....

3 MafioConde

Keep calm and don´t feed the troll!

4 Akribéstaton

"Poucos e covardes": isto roça a contradictio in terminis... Ainda assim, o senhor, que nem sequer tem a coragem de suportar a identificação dum alcume, se declara "farto da língua". Então ou não são tão poucos ou não são tão covardes. Mas não se precisa lógica para cacarejar no Corral Universal.