Os madrileños, os turistas máis masivos no verán galego

A Xunta di que fará promoción publicitaria na capital galega para que veñan máis madrileños.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Os madrileños son os turistas que máis predominan en Galicia durante o verán. Case un de cada cinco visitantes en tempada estival vén da capital do Estado, polo que a Xunta comprometeuse a "seguir loitando e facendo promoción" da oferta galega na Comunidade de Madrid.

Varias persoas pasean por unha céntrica rúa de Sanxenxo
Varias persoas pasean por unha céntrica rúa de Sanxenxo | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Así o anunciou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que este mércores acudiu  ao Parlamento galego para expor ante a Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo os datos da campaña estival en Galicia.

Entre os que chegan de fóra do Estado, do mesmo xeito que no Camiño, destaca o visitante portugués, que representa o 4,8% do total de persoas que viaxan a Galicia, cifra superior a comunidades como Valencia ou Euskadi.

Nava Castro destacou o incremento do 28% regristrado respecto de 2019 no volume de visitantes chegados de Estados Unidos, que xa supoñen o 1,7% do total, superado por Italia, pero por encima de Alemaña ou Francia.

A repartición dentro de Galicia do turismo continúa sendo moi desigual, pois as provincias da Coruña e Pontevedra absorven a case 9 de cada 10 visitantes que chegan a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta