Obxectivo galego: lograr o "equilibrio perfecto" entre a protección do lobo e a dos gandeiros

A Xunta defendeu ante representantes do Parlamento Europeo o modelo de xestión aplicado na Comunidade dende fai máis dunha década pola "efectividade demostrada desde a súa aprobación"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A Xunta defendeu este mércores ante representantes do Parlamento Europeo o modelo de xestión do lobo aplicado na Comunidade desne fai máis dunha década por "a efectividade demostrada desde a súa aprobación" e como unha ferramenta imprescindible para garantir "o equilibrio perfecto" entre a protección da especie e a protección dos gandeiros e o medio rural.

No marco do encontro informativo 'A xestión activa do lobo como modo de convivencia coa gandaría extensiva', dirixido a eurodeputados e outros representantes europeos, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, interviu para explicar a situación da especie na Comunidade e o impacto que se prevé sobre a mesma por mor das últimas decisións adoptadas polo Goberno central.

Tras lembrar que Galicia alberga unhas 90 manadas reprodutoras desta especie ("máis que Francia ou Portugal"), a conselleira explicou que grazas ás medidas adoptadas no marco do Plan de xestión do lobo dende a súa aprobación en 2008, o seu estado de conservación na Comunidade é actualmente "favorable".

Ángeles Vázquez engadiu que "a eficacia" deste instrumento "quedou demostrada con fartura polo feito de que neste período logrouse compatibilizar e manter a harmonía entre as actividades gandeiras sustentables e a protección da biodiversidade" e, máis concretamente, do lobo ibérico, cuxa área de distribución abarca o 72 % do territorio galego.

Neste senso, incidiu en que, no caso de Galicia, o lobo vive "nun medio totalmente humanizado" e repártese en pequenas poboacións distribuídas por toda a Comunidade. Unha realidade que, segundo Ángeles Vázquez, non está a ter en conta o Goberno central nas súas últimas decisións sobre a xestión da especie no conxunto do país.

Lobo ibérico
Lobo ibérico | Fonte: CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta