Activado o protocolo por risco de inundación ante a crecida do río Lérez, en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

A Xunta decretou a activación do protocolo especial por perigo de inundacións debido á crecida do caudal do río Lérez, en Pontevedra.

O Plan Especial ante o risco de Inundacións en Galicia permanece activo desde as 08,30 horas deste luns pola previsión de posibles desbordamentos na conca do río Lérez.

Este luns espérase que continúen as intensas precipitacións que se rexistran nas últimas xornadas na zona, que se atopa en aviso amarelo por choivas. A crecida do caudal podería ocasionar desbordamentos no río pontevedrés, polo que o 112 Galicia lembra os consellos básicos ante risco de inundacións: evitar as marxes dos ríos, retirar os vehículos estacionados e non atravesar pontes ou torrentes.

Ademais, tamén sinala que en caso de inundación dunha vivenda débese acceder á parte máis alta do inmoble para protexerse.

Río Lérez ao seu paso por Pontevedra
Río Lérez ao seu paso por Pontevedra | Fonte: CONCELLO DE PONTEVEDRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta