As obras do novo centro de Ciencias da Saúde da USC arrancará en xuño de 2024

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O concurso de proxectos para a creación do novo centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi resolto este luns no Colexio de San Xerome.

Segundo indicou a USC nun comunicado, a comisión técnica resolveu que o primeiro premio do concurso recaese sobre a proposta identificada coa lema 'Voo609' e que pertence á Unión Temporal de Empresas (UTE) composta por Oikos Estudos SLP, Jorge Salgado Cortizas e Celso López Marín.

A partir deste momento, prevén un prazo de 18 meses para a redacción do proxecto de primeira fase, que arrincará co Aulario de Farmacia, cunha superficie estimada de 11.918 metros cadrados, e as obras teñen previsto empezar en xuño de 2024.

Así, nesta fase tamén se inclúe a central de biomasa para dar servizo ao novo edificio e ás edificacións próximas. Outras fases contempladas no proxecto son o Aulario de Enfermaría, con 4.604 metros cadrados; espazos de investigación, 2.890 metros cadrados; e máis de 7.000 metros cadrados ampliables e destinados ao aparcadoiro.

Esta última obra permitirá liberar a superficie ocupada por vehículos, o que "potenciará novos modelos de desenvolvemento peonil no campus".

A fórmula de implantación elixida fragmenta a dotación en volumes independentes
A fórmula de implantación elixida fragmenta a dotación en volumes independentes | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta