Continúa en "toda Galicia" o operativo antidroga iniciado no Salnés

Até agora hai 21 detidos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/11/2022 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou que continúa "totalmente aberta" a operación contra o tráfico de drogas desenvolvida desde o pasado venres na Rías Baixas, en varios concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña. "É un operativo bastante amplo onde estamos realizando varios rexistros ao longo de toda Galicia, principalmente no Salnés".

Droga intervida nunha operación policial
Droga intervida nunha operación policial | Fonte: POLICÍA NACIONAL.

Así o manifestou nun acto celebrado este martes na Coruña a preguntas dos xornalistas sobre o asunto. "Xa temos a constancia de 21 detidos e imos seguir coa parte da investigación porque toca varias frontes", puntualizou.

O delegado engadiu que "nestas últimas semanas" repítese o feito de que "a partir dunha operación xorden informacións para abrir outras novas".

O operativo está dirixido polo Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa. O pasado luns, os Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) practicaron varias entradas e rexistros, principalmente en domicilios da zona. Os axentes comisaron diñeiro, coches e teléfonos móbiles.

Estas accións desenvolvéronse nos concellos pontevedreses de Vilagarcía, Catoira, A Illa de Arousa, Vilanova e Cambados, e nos coruñeses de Boiro e Rianxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta