Sete de cada dez empresas galegas sitúan o encarecemento da enerxía como principal dificultade

Trasladan tamén como principais preocupacións a escaseza de materias primas ou problemas de abastecemento.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/11/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Sete de cada dez empresas galegas identifican o encarecemento da enerxía como a principal dificultade que afrontan no desenvolvemento da súa actividade, segundo conclúe o Estudo de Clima Empresarial en Galicia, presentado por responsables da Cámara de Comercio da Coruña e SigmaDos.

Presentación na Cámara de Comercio da Coruña do 'Estudo Clima Empresarial en Galicia'. OCTO
Presentación na Cámara de Comercio da Coruña do 'Estudo Clima Empresarial en Galicia'. OCTO | Fonte: Europa Press

Fano o 84% das compañías, que trasladan tamén como principais preocupacións a escaseza de materias primas ou problemas de abastecemento, o 43,7%, e o aumento dos custos laborais no caso do 37,7%. A elevada presión fiscal, cuarta dificultade en España, é substituída en Galicia pola escaseza de man de obra.

Mentres, as empresas enquisadas prevén, para 2023, unha evolución positiva das vendas no estranxeiro, así como da adquisición de subministracións nos mercados internacional e estatal. A previsión sobre contratación de persoal e vendas en España, con todo, é algo menos optimista, tampouco se mostran optimistas en canto ás condicións e acceso ao financiamento.

Como factores de impacto na economía española, ademais da evolución dos prezos da enerxía e as materias primas, as empresas galegas, especialmente as do sector da construción, identifican a guerra de Ucraína en segundo lugar. Independentemente do seu tamaño e sector, o 86,3% das empresas sinalan a elevada importancia que ten o risco da recesión económica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta