As negociacións polo convenio de Navantia seguen sen avanzar

Sobre a negociación do plan estratéxico aínda está "sen datas de reunión"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

As negociacións entre a dirección e os representantes dos traballadores da empresa naval pública Navantia sobre o novo convenio colectivo finalizou "sen avanzar", segundo detallou o secretario do comité de empresa do estaleiro de Ferrol, Marcelo Amado (CIG).

Así, o representante sindical indicou que este encontro, que se celebrou de maneira telemática desde as 9,00 horas deste xoves e que se prolongou durante varias horas, "unicamente" serviu para abordar a parte de promocións, "sen tocar ningún dos apartados fundamentais do convenio". Por iso, completaron "outra sesión máis sen avance nin acordo ningún".

Amado informou de que as partes se citaron para o vindeiro xoves, 23 de maio, para manter outro encontro que tamén será telemático.

En canto á negociación do plan estratéxico, o outro asunto que parte directiva e laboral están a negociar, dixo que seguen "sen datas de reunión".

ENTREVISTA CO DELEGADO DO GOBERNO

Noutra orde de asuntos, Marcelo Amado detallou que a reunión que tiña solicitado o comité de empresa de Navantia Ferrol co delegado do Goberno, Pedro García, foi fixada para o vindeiro luns, a partir das 9,30 horas.

Nela, os representantes sindicais trasladarán ao representante do Executivo central as súas demandas tanto no que se refire ao convenio colectivo, cuxa vixencia expirou a finais de 2021, como ao novo plan industrial.

Manifestación de traballadores fronte a entrada de Navantia Ferrol
Manifestación de traballadores fronte a entrada de Navantia Ferrol | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta