O turismo barato de Galicia: 63€ diarios fronte aos 88€ de media do Estado

Galicia é o sétimo destino turístico do conxunto dos españois.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Galicia foi o sétimo destino turístico favorito dos residentes en España no primeiro trimestre de 2025, cun 4,3% do total das viaxes, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

En concreto, a comunidade galega rexistrou preto de 1,5 millóns de viaxes de españois no primeiro trimestre, o que se traduciu en 4,9 millons de pernoctacións, o 3,9% do total neste caso. A pernoctación media dos viaxeiros é de 3,3 días en Galicia, por baixo da media española de 3,6 días. O gasto total dos turistas en Galicia foi de 308,8 millóns de euros.

O gasto medio por viaxeiro en Galicia é de 207 euros. O gasto medio diario por persoa é de 63 euros, cuarto dato máis baixo por comunidades e lonxe da media de 88 euros en España. Pola súa banda, os galegos realizaron 1,6 millóns de viaxes no primeiro trimestre do ano, cunha duración media das viaxes de 3,3 días e 5,3 millóns de pernoctacións. O gasto total realizado foi de 485,5 millóns, cun gasto medios por persoa de 302 euros (91 euros de gasto medio diario por persoa).

A praia de Pragueira e o Bico Beach, en Sanxenxo
A praia de Pragueira e o Bico Beach, en Sanxenxo | Fonte: ADRIÁN BAÚLDE - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta