Sanidade comprométese cos médicos a "estudar" unha reestruturación dos centros de saúde

O Consello de Médicos trasladou solucións a "curto, medio e longo prazo" para a Atención Primaria ante a falta de facultativos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comprometeuse a "estudar" unha reestruturación do mapa de centros de saúde ante unha proposta de representantes do Consello Galego de Colexios Médicos, cos que se volverán a reunir "en breve" para discutir esta cuestión.

Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ofrecida este martes pola noite nas dependencias da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela, tras unha reunión dun tres horas con representanes dos colexios de médicos á que tamén acudiu o presidente galego, Alfonso Rueda.

O Consello de Médicos trasladou solucións a "curto, medio e longo prazo" para a Atención Primaria ante a falta de facultativos que sofre actualmente o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Preguntado sobre se a proposta de reestruturación implicará peches ou recolocación de centros, o conselleiro limitouse a contestar que foi "o Consello o que fixo a proposta", mentres que a Administración comprometerase "a estudalo".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nunha reunión co Consello Galego de Colexios Médicos.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nunha reunión co Consello Galego de Colexios Médicos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta