Motivos polos que Qatar si é un país machista

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 04/12/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas están enchendo as rúas de Qatar con motivo do Mundial de Fútbol 2022. E nunca Qatar foi un país tan aperturista ao exterior. Moito é o que se fala do peligro de que viaxen alí mulleres, mais o certo é que cos estranxeiros o problema non é tanto, o problema está na misoxinia cara as súas propias mulleres. Din que non son machistas, ben, pois vamos expoñer dez cuestións que os retratan como tal.

Un árbitro muller no Mundial de Clubes de 2021
Un árbitro muller no Mundial de Clubes de 2021 | Fonte: Efe

1 - DESPROPORCIÓN:

Aínda que a metade da poboación a nivel mundial está composta por mulleres, en Qatar existe unha grande desproporción que nada ten que ver con este dato. Nun país de 2,9 millóns de habitantes, só o 25 % son mulleres. Será que sabendo a escravitude á que se verán sometidas, sempre á sombra dun home, os pais deciden non ter fillas ou mandalas fóra do país xa cumprida a maioría de idade?

2 - CÁRCERE POR TER RELACIÓNS SEXUAIS FÓRA DO MATRIMONIO:

Indo un paso máis aló, quedarse embarazada estando solteira pode supoñer dar cos ósos en prisión. As relacións extramatrimoniais castíganse con ata sete anos de prisión, flaxelación (para persoas solteiras) ou a pena de morte (para persoas casadas que son infieis). Ademais, dar a luz a un neno que non está respaldado por un pai pode xerar serios problemas á hora de rexistralo. Así as cousas, moi difícil xustificar unha violación.

Copa do Mundial de Fútbol
Copa do Mundial de Fútbol | Fonte: RTVE

3 - NON SE PERMITEN XESTOS CARIÑOSOS EN PÚBLICO:

Da igual estar ou non casado cunha muller, o home non poderá bicala nin abrazala en público, pois considérase unha falta de respecto cara os demais e pode acarrear unha sanción administrativa (mesmo se son adolescentes e aínda non están formados como adultos).

4 - PROHIBIDO QUE AS PARELLAS VIVAN XUNTAS SE NON ESTÁN CASADAS:

Pola relixión considérase que é pecado estar convivindo un home e unha muller sen antes consolidar a súa relación a ollos de Deus.

5 - A VIOLENCIA DE XÉNERO NON ESTÁ TIPIFICADA NO CÓDIGO PENAL:

Legalmente os maridos teñen prohibido dañar física ou moralmente ás súas esposas, máis isto non se tipifica como delito de violencia doméstica nin de parella, e tampouco hai ningunha lei específica contra a violencia doméstica que as protexa ante posibles agresións do marido ou do tutor legal (como os pais).

7 - O ABORTO SÓ SE PERMITE EN DOUS CASOS:

Cando o feto presenta malformacións ou cando existe risco para a vida da nai. Ademais, para un xuez a testemuña do home sempre valerá o dobre que a da muller.

8 - CONTAR CO VISTO BO DOS HOMES PARA CASE TODO:

As mulleres qataríes están ligadas a un home de referencia, xa sexa o seu pai ou un irmán, avó ou tío ou, no caso de estar casadas, do seu marido. Decisións vitais como casarse, estudar no extranxeiro con becas públicas, traballar en moitos postos do Goberno, viaxar ao extranxeiro ata certa idade e recibir algúns servizos de saúde reprodutiva deben contar co visto bo deles. Unha vez casada, a muller debe obedecer ao seu marido e pode perder o apoio financieiro deste si decide traballar, viaxar ou se nega a ter relacións sexuais con el sin unha razón lexítima. 

9 - DEREITO UNILATERAL AO DIVORCIO PARA O HOME:

Só os homes poden exercelo, as mulleres deben solicitalo ante os tribunais xustificando unha serie de motivos limitados para que llo concedan, e aínda así son moi poucos os casos que saen adiante. Ademais, unha vez divorciadas non poden exercer a tutela dos seus fillos, aínda que teñan a custodia legal négaselles a autoridade para actuar como tutoras principais, sen ter en conta o interés superior do neno. 

10 - DISCRIMINACIÓN Á HORA DE HERDAR:

As irmás dunha mesma familia reciben a metade da cuantía da herdanza que reciben os seus irmáns homes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta