Denunciada unha condutora por ir en dirección contraria na AP-9 en Pontevedra

Outro condutor que cruzou coa infractora logrou que detivese a súa marcha tras percorrer pouca distancia en dirección contraria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Unha muller de 72 anos foi denunciada despois de ser interceptada tras circular en sentido contrario pola autoestrada AP-9 ao seu paso polo municipio de Pontevedra.

Segundo informou a Garda Civil, trátase dunha condutora de Poio que ingresou en dirección oposta pola autoestrada ao redor das 11,30 horas deste sábado.

Outro condutor que cruzou coa infractora logrou que detivese a súa marcha tras percorrer pouca distancia en dirección contraria.

Ademais de ser denunciada por un delito contra a seguridade viaria, a condutora foi proposta para a retirada do carné de conducir.

Accidente na AP-9. GUARDIA CIVIL DE PONTEVEDRA
Accidente na AP-9. GUARDIA CIVIL DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta