Rueda pide "acabar co postureo" de alcaldes "mellores tuiteando que gobernando"

O presidente do Partido Popular de Galicia anima á militancia do partido a "saír a gañar" nas locais de 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2022 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, fixo un chamamento aos seus militantes e cargos desde a comarca do Salnés para "saír a gañar" nas eleccións municipais de 2023 co obxectivo de "acabar co postureo" de alcaldes que "son mellores tuiteando que gobernando".

O máximo responsable dos populares galegos e presidente da Xunta participou na noite deste sábado na cea de Nadal do PP da comarca do Salnés, celebrada en Vilanova de Arousa.

Alí, segundo recolle un comunicado, incidiu na importancia de trasladar aos concellos o "modelo" do PP, baseado en "o sentidiño, a estabilidade e a unidade".

"Comparto a incredulidade e a impotencia de tanta xente que, cando mira o que acontece noutros lugares, non deixa de preguntarse por que non unha política con sentidiño, estable, unida e cumpridora. Unha política á galega", aseverou Rueda.

Así, apelou a que "gañar non é o fin, senón o medio para gobernar con política útil" como, di, leva a cabo a Xunta de Galicia, capaz de "tomar decisións sen crear unha polvoreira" que "abra novos boqutes" entre a cidadanía.

Así, cargou contra a oposición en Galicia, á que ve sen "compromiso real" cos galegos, e tamén contra o Goberno central, ao que acusou de "estar disposto a todo menos a cumprir con Galicia".

"Saímos a gañar para acabar co postureo dos moitos alcaldes que son mellores tuiteando que gobernando, para implantar gobernos cunha soa voz que non se partan pola metade ao día seguinte do pacto e para potenciar desde as alcaldías o emprego, o apoio ás familias, a seguridade e os servizos", ha asverado Rueda.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta