O BNG di descoñecer o modelo de xestión das residencias da Fundación Amancio Ortega

Critica ao PP por non construír ningun centro público nos últimos anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2022 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O BNG reclama un sistema público de coidados que garanta o dereito a unha praza digna entre todos os usuarios de centros de maiores. Así o deixou claro a deputada nacionalista Olaia Rodil, que criticou o modelo de residencias da Xunta e dixo descoñecer o modelo de xestión que prevé aplicar a Fundación Amancio Ortega nos seus centros.

Olalla Rodil
Olalla Rodil | Fonte: BNG - Arquivo

En rolda de prensa, Rodil sinalou que o PP “non fixo nada” tras dous anos de pandemia” para ampliar o número de prazas e as condicións nas residencias da terceira idade e criticou que segue "negando información"  no Parlamento sobre as persoas falecidas pola Covid.

"O PP non garante condicións laborais dignas para as traballadoras, rexeita a xestión pública das residencias e impediu crear unha comisión de investigación para esclarecer o acontecido durante a pandemia", suliñou a nacionalista.

Neste sentido, denunciou que o PP non construíu unha soa residencia pública nestes anos dixo descoñcer o modelo de xestión das sete que vai construir a Fundación Amancio Ortega. Por iso, reclamou este luns un sistema público que "garanta o dereito a unha vellez digna" centrado nas persoas e non "nos intereses empresariais".

En rolda de prensa na Cámara galega, Rodil defendeu que Galicia "xa ten un cuarto de poboación con máis de 65 anos", algo que recoñeceu "é motivo de orgullo", pero tamén ten a "responsabilidade" de garantir que as persoas maiores "gocen de boa saúde, calidade de vida e benestar".

Así, reflexionou que tiña a convicción de que a pandemia "debía ser un punto de inflexión", xa que "puxo en evidencia a atención aos maiores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta