Verín: Feira de Nadal e marcha solidaria na semana da ponte de decembro

O mercado de Nadal, situado na Praza García Barbón do 9 ao 11 de decembro, contará con 24 postos de artesanía e alimentación ademais de animación musical e actividades infantís. O día 10 está programada unha andaina solidaria para recadar cartos para colectivos vulnerables.

Por Galicia Confidencial | Verín | 06/12/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Na presentación, o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, explicaba o pasado venres na presentación do evento que na Feira de Nadal deste ano habería vinte e catro os postos temáticos que "contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación; e tamén cunha mostra dalgúns dos elementos ornamentais máis típicos de nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as figuras para a árbore".

Feira de Nadal de Verín (arquivo). Foto: Prensa Concello de Verín.
Feira de Nadal de Verín (arquivo). Foto: Prensa Concello de Verín.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura e Festexos, Emilia Somoza, sinalou que como é habitual non faltarán propostas de animación musical nin actividades paralelas para animar e para entreter a familias e público infantil. No apartado musical o sábado 10 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar na Praza García Barbón o concerto Rockeando con Ramona Órbita, a doa do tempo, da man do coñecido “Pakolas”; e o domingo 11, ás 18:00 horas, actuará a Coral de Verín.

Respecto das actividades, o sábado, entre as 17:00 e as 19:30 h. terá lugar un Obradoiro de Adobíos de Nadal con gomaeva; e o domingo --durante toda a tarde-- os nenos e nenas que se acheguen ao recinto da feira recibirán a visita de Papa Noel.

O recinto feiral, situado na Praza García Barbón terá lugar do 9 ao 11 de decembro e o horario será de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

Como de costume, o domingo terá lugar a entrega do premio ao mellor stand de Nadal e o sorteo da Cesta con diferentes produtos cedidos polos expositores, antes do peche do recinto feiral (19:45 horas).

MARCHA SOLIDARIA

O sábado 10 de decembro, o Centro de Lecer Infantil e Xuvenil “Los Mundos de Iker” organiza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Marcha Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei.

Trátase dunha carreira solidaria, non deportiva-competitiva, na que poderán formar parte tanto nenos e nenas como adultos, en diferentes categorías e na que ademais participar disfrazado/a pode ter premio. A saída será as 16:00 horas desde a Praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfrace por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores e corredoras.

Para participar nesta iniciativa é necesario formalizar inscrición previa no teléfono 650 698 766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES2030850208192655312128

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta