Localizada a menor de idade desaparecida este mércores en Ferrol

Encóntrase en bo estado de saúde

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/12/2022 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A menor de idade de 16 anos de idade que estaba en paradoiro descoñecido en Ferrol desde este mércores xa foi localizada en bo estado de saúde. A adolescente xa se atopa no domicilio familiar desde a tarde deste xoves, segundo confirmaron a Europa Press fontes da plataforma SOSDesaparecidos, que activara o seu sistema de alertas tras a desaparición.

Alerta desactivada tras a localización da menor en Ferrol. SOSDESAPARECIDOS
Alerta desactivada tras a localización da menor en Ferrol. SOSDESAPARECIDOS

Unha menor de idade de Ferrol, María José López Hernández, de 16 anos, estaba en paradoiro descoñecido desde este mércores, 7 de decembro, cando saíu ao oito da mañá da zona de Esteiro, onde reside, para dirixirse ao seu instituto e non regresou. Foi entón cando se puxo en marcha un dispositivo de procura e interpúxose a denuncia. A plataforma SOS Desaparecidos tamén activou as súas alertas ata que apareceu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta