Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/09/2025 | Actualizada ás 20:50
O incendio do vertedoiro da Rúa en Ourense, que comezara fai máis de tres semanas, foi extinguido este martes despois de oito días de traballos de intervención para os cales se mobilizaron máis de 250 camións, segundo informou a Deputación de Ourense nun comunicado.
Unha extinción a cargo da empresa Tragsa que asumía a administración provincial o pasado 30 de agosto a través dunha contratación de urxencia, nun vertedoiro que, segundo recalca o seu presidente, Luís Menor (PP), é unha "competencia municipal".
A Deputación de Ourense lembrou que a alcaldesa da Rúa, María González Albert (BNG), fixera unha petición formal para trasladar os labores de extinción do lume ao goberno provincial ante un "custo económico e técnico dificilmente asumible".
Labores de extinción que consistiron, sinalan, na "asfixia" do material que estaba a arder, e que foron de "gran complexidade" polas "características técnicas" do vertedoiro e as "condicións que afectan á saúde das persoas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.