Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

13 Davide

Pois a cousa esta ben clara: O BNG impediu que o Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de víctimas, porque se opuxo a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP

12 brian

Non entendín a nota. É unha declaración anual en contra do Holocausto?. Cal foi a proposta do BNG, negar o Holocausto?. Entendo que non foi así. Alguén pode explicalo?.

11 Lena

Unha semaniña de "vacacións" a Auswitch vos mandaba eu para que sepades de que estamos a falar...

10 Lena

BNG dame vergoña ler isto. Ide tomar polo cú!

9 Uxío

Tes toda a razón amigo, imos aplaudir ó BNG pola súa "brillante idea"...Eu fun votante no seu momento, pero fai tempo que xa non representan ós galegos...e que non quero seguir votando á extrema esquerda galega.