Que o BNG critica os asesinatos do Estado israelí é archisabido, coido que os nacionalistas do Bloque non necesitan facer demostración desa posición.
De feito, case que todos os días se fala dese asunto e son moitas as veces que o BNG, como tantos outros grupos e persoas, condea (ou condeamos) a situación na que se atopan os palestinos --entre os que hai dirixentes que pola miña banda deixo ao lado--.
Ben, así as cousas, clariñas como están, ¿qué ten que ver o que hoxe acontece no Leste próximo cunha iniciativa puntual na que só se pretende lembrar os feitos que sucederon en Europa nos anos trinta e ata 1945 e condear a barbarie hitleriana: o asasinato planificado e sistemático de xudeos, sí xudeos, millóns de xudeos, pero tamén de xitanos, anarquistas, socialistas, comunistas, demócratas, discapacitados e un longo etcétera de homes e mulleres, nenos e nenas?
Ás veces --e agora non falo do BNG-- á hora de xustificar erros ou de non se sabe moi ben qué, os homes facemos comentarios nos que abunda o ruído e falla a racionalidade.
Resumindo, hai algún que ven de propoñer que, en correspondencia, cada vez que se faga pública a condea dunha acción criminal do Goberno israelí haberá que facer unha lembranza das matanzas nazis. Porque se non fora así, os motivos que agora esgrimen algúns poderán ser utilizados no senso contrario...
A verdade, ás veces hai comentarios que están "moi verdes".
Por favor, un pouco de sentidiño.