Xoán Báscuas, reelixido secretario xeral de CxG co 100% dos votos

Os galeguistas aproban unha resolución para dirixirse ao resto dos partidos nacionalistas co obxectivo de conformar unha lista unitaria para as xerais. Tamén acordan renunciar a participar nas deputacións provinciais.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 16/11/2014 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Unanimidade total. Xoán Báscuas volverá repetir como secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG). E é que o actual líder desta formación obtivo o 100% dos votos no I Congreso Nacional que celebrou en Padrón e no que participaron preto de 400 afiliados.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Nesta xuntanza tamén se escolleu o novo Consello Político Nacional, composto por 30 membros (15 homes e 15 mulleres) e a nova Comisión Executiva Nacional. Durante a xornada, na que se aprobaron os estatutos e o documento político, e coa vista posta nas eleccións municipais, acordouse, logo dun intenso debate, non participar nas Deputacións Provinciais por consideralas “inútiles”. 

De igual xeito, acordouse “facer un chamamento aos galeguistas e nacionalistas para conformar unha candidatura unitaria nas vindeiras eleccións xerais". O obxectivo é que "Galicia a e o galeguismo teñan voz nunha máis que previsible reformulación territorial o Estado”, unha necesidade cualificada como “de vital importancia”.  

"Ben é certo que vivimos momentos de cansanzo, indignación e carraxe. A situación económica, o desemprego, os recortes, a supresión de servizos sociais non contribúen máis que á crispación e ao discurso incendiario”, dixo Báscuas no seu discurso. E, ante isto, ofreceu «transparencia, igualdade, Estado de Benestar, autogoberno e aire fresco á política. Porque somos quen de facelo”. 

Finalmente, o reeleito líder de Compromiso apostou por “centrarse nas eleccións municipais”, unha eleccións, “a pé de obra, con contacto directo, onde non pesan tanto o soporte mediático como as propostas que se fagan en positivo para a mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”. Neste sentido, lembrou as primarias abertas que está a realizar Compromiso, “con candidatos non do partido, senón do conxunto da cidadanía, xa escollidos en Ourense, Santiago, Vigo, Pontevedra, A Baña, Samos e Taboadela”.  "Non podemos tomar o ceo por asalto, senón facer algo máis ambicioso: contribuír a que a cidadanía galega viva mellor na súa terra, recuperando a democracia fronte a podremia que nos propoñen algúns”, advertiu.

Ao acto de clausura acudiron case 20 asociacións e delegacións representativas do tecido social galego, ademais de representantes do BNG, Anova e Cerna.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Xornalista presente

Aos de Galicia Confidencial, por favor, refacede a nova que isto é pouco serio: A fotografía é de cando CxG nin estaba constituido en partido político, setembro de 2012...e a resolución procurando unha via para que a nación galega teña voz no Congreso, seria para explorar nas Eleccións Xerais. Seriedade, cando menos...é o que se podemos pedir.

7 Gamela

Esta cousa chamada "Compromiso" por Galicia seica é o bandeirín de RE-enganche dos que pisaron moqueta no Bipartito (?) / Xa que Báscuas vai só y é licenciado en Políticas pola UCM http://es.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%... ben podía presentarse a Secretario Xeral de PODEMOS en Galicía e sairía moito mellor parado que con experimentos de salón coma este... Agás que Quintana apareza no último momento...? // Cómo lles gusta pisar moqueta ghorda... e vivir do conto! Así nos vai...!

1 Xanti

Se comezamos a falar dos upegallos e irmandiños que pisaron moqueta no bipartito non paramos tamén... Ai si, agora facer unha carreira fora do país seica é delito, e mais cando nin existia no país daquela... Grande razoamento, bravo!!!

2 Castelao

Ese "y" que meteches fíxome tanto dano á vista que tivem que parar de ler...

6 Curuxa

Alguén sabe cal era a misión de Bascuas polas empresas para o BNG? Ó mellor rimos un rato

1 xaab

un rato é un animal... fala ben

5 Ranhadoiro

O melhor do "Compromisso" é desandarem o caminho certinho do nome do país, Galiza, pelo que lutam. Um bom amigo nessa formação política explicou-me que assim é mais fácil ser bem recebido polo nosso povo que vota PP e pse. De momento trabalham para que os PPSOE saibam direitinho que eles andam no caminho certo nisso -Compromisso DISSE-... e se andam aí no certo porque não vão andar também no demais... será que Compromisso ainda não avançou bastante... A cousa não lhes deu sucesso nenhum, ainda que segundo me explicava meu amigo, Henrique Monteagudo isso o explicou bem certinho. Não sei se saberá muito de linguística o Monteagudo, mas de sociologia podo certificar que não dá. Isso sim, dá pra gostar de gente que garante-te estares na pomada e muitos almoços de graça

4 De Lalín

100%...Isto é un congreso á búlgara. Parece o PP de Rajoy e de Cuiña, nos bos tempos de Pablo Crespo. Nótase ben quen manda entre bastidores. Podería deixar polo menos un cacho da mansión para celebrar o paripé.