Xoán Báscuas, reelixido secretario xeral de CxG co 100% dos votos

Os galeguistas aproban unha resolución para dirixirse ao resto dos partidos nacionalistas co obxectivo de conformar unha lista unitaria para as xerais. Tamén acordan renunciar a participar nas deputacións provinciais.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 16/11/2014 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Unanimidade total. Xoán Báscuas volverá repetir como secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG). E é que o actual líder desta formación obtivo o 100% dos votos no I Congreso Nacional que celebrou en Padrón e no que participaron preto de 400 afiliados.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Nesta xuntanza tamén se escolleu o novo Consello Político Nacional, composto por 30 membros (15 homes e 15 mulleres) e a nova Comisión Executiva Nacional. Durante a xornada, na que se aprobaron os estatutos e o documento político, e coa vista posta nas eleccións municipais, acordouse, logo dun intenso debate, non participar nas Deputacións Provinciais por consideralas “inútiles”. 

De igual xeito, acordouse “facer un chamamento aos galeguistas e nacionalistas para conformar unha candidatura unitaria nas vindeiras eleccións xerais". O obxectivo é que "Galicia a e o galeguismo teñan voz nunha máis que previsible reformulación territorial o Estado”, unha necesidade cualificada como “de vital importancia”.  

"Ben é certo que vivimos momentos de cansanzo, indignación e carraxe. A situación económica, o desemprego, os recortes, a supresión de servizos sociais non contribúen máis que á crispación e ao discurso incendiario”, dixo Báscuas no seu discurso. E, ante isto, ofreceu «transparencia, igualdade, Estado de Benestar, autogoberno e aire fresco á política. Porque somos quen de facelo”. 

Finalmente, o reeleito líder de Compromiso apostou por “centrarse nas eleccións municipais”, unha eleccións, “a pé de obra, con contacto directo, onde non pesan tanto o soporte mediático como as propostas que se fagan en positivo para a mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”. Neste sentido, lembrou as primarias abertas que está a realizar Compromiso, “con candidatos non do partido, senón do conxunto da cidadanía, xa escollidos en Ourense, Santiago, Vigo, Pontevedra, A Baña, Samos e Taboadela”.  "Non podemos tomar o ceo por asalto, senón facer algo máis ambicioso: contribuír a que a cidadanía galega viva mellor na súa terra, recuperando a democracia fronte a podremia que nos propoñen algúns”, advertiu.

Ao acto de clausura acudiron case 20 asociacións e delegacións representativas do tecido social galego, ademais de representantes do BNG, Anova e Cerna.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Lalinense

Compromiso por Galicia paréceme a mellor opción política de hoxe para o noso país. A única eiva está nalgúns dos seus dirixentes, nomeadamente Cuiña. De onde saiu a súa fortuna familiar?

1 De Lalín

Toda a razón do mundo. De corruptos xa estamos até as pelotas

2 Lalinese de verdade

Parece que hai nervios polo PP Lalín que veñen aquí!! Jajajajjaja. Ides ver nas municipais!!

3 De Lalín

O PP xa non existe. En Lalín gañará PODEMOS e confiscará as mansións e negocios dos que se forraron co seu paso pola política. Non sei se me entendes

2 nacionalista galego

Non sei cal será a fórmula, pero ten que habela, ou senón debemos inventala. O nacionalismo galego ten que facer causa común urxentemente, senón seremos devorados polo nacionalismo español. Custou moito suor chegar a ser a segunda forza política na Galiza, que fómolo durante oito anos. Iso conseguiuse remando todos para o mesmo lado.

1 Bourbon

Carai! Mais do que na "Ley de Sucesión en la Jefatura del Estado" de 1947! http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_de...

1 Xanti

A algúns isto tiñalle que gustar, digoo polos upegallos, un congreso á búlgara...