Redondela pide que o BOE use a lingua galega

Por Galicia Confidencial | Redondela | 09/12/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O Concello de Redondela dirixiuse ao Ministerio da Presidencia tras comprobar que dende hai tempo o Boletín Oficial do Estado (BOE) non ten dispoñible a versión en galego. Desta maneira, a documentación que se publica ou anexos para realizar trámites ante a Administración Xeral do Estado ou que afecte ás comundiades autónomas só ten a opción do castelán.

Estracto BOE con cifras convenio Medio Rural Defensa
Estracto BOE con cifras convenio Medio Rural Defensa | Fonte: BOE

Por este motivo, o Servizo de Normalización Lingüística solicitou por rexistro do Ministerio a pronta rectificación e subsanación desta carencia. O SNL de Redondela presentou un informe, amparado pola lexislación lingüística que se cita e referencia, explicando as obrigas que o estado ten de cara ao cumprimento da cooficialidade do galego. O Concello de Redondela solicitou tamén a incorporación do galego en webs dependentes deste ministerio como son Patrimonio Nacional (que só ofrece en castelán e inglés) ou o Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.

"Dende a Administración local debemos tomar a iniciativa para reclamar a plena igualdade do galego e do castelán. Fronte as falsidades da imposición do galego, a realidade é teimuda e vén demostrarnos acotío que o galego é excluído, marxinado ou esquecido por parte de certas administracións", indican desde este departamento nun comunicado de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta