Verea reivindica construír "entre todos" un Santiago "do século XXI" no que os coches "pasen a un segundo plano"

Sinala que "os nosos arquitectos teñen a formación, a experiencia, e a creatividade máis que sobrada para deseñar a nosa cidade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, mantivo unha reunión co presidente da delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Anxo Cid, e outros membros do colectivo.

Verea apelou á colaboración dos máis de 300 arquitectos que hai colexiados en Santiago. "Temos en Santiago materia prima suficiente, os nosos arquitectos teñen a formación, a experiencia, e a creatividade máis que sobrada para deseñar a nosa cidade. Serán ben recibidas calquera tipo de propostas, estou aquí para escoitar o que tedes que dicir e construír así entre todos un Santiago do século XXI, é necesario construír un novo compostelanismo desde Santiago e para Santiago", proclamou.

Para o candidato á Alcaldía de Santiago, as modificacións do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) teñen que ir da man dun 'Plan de Movilidade' "rigoroso" que axude a construír "un Santiago máis ordenado e de futuro", no que os coches "pasen a un segundo plano e as persoas, as familias, recuperen o protagonismo e estean no centro".

Verea lamentou tamén que a situación de Santiago nestes últimos 20 anos leva á cidade a "unha perda de enerxía social". "Temos que recuperar o noso orgullo de cidade e saír dese conformismo no que levamos tantos anos sumidos", aseverou. "Urxe construír un novo compostelanismo desde Santiago e para Santiago", resolveu.

Borja Verea
Borja Verea | Fonte: PP de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta