A matemática ourensá María Elena Vázquez Cendón gaña o premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

Este galardón distingue ás mulleres galegas con traxectorias nos ámbitos científicos e tecnolóxicos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2022 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A doutora de Ciencias Matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, María Elena Vázquez Cendón, recibirá o premio María Josefa Wonenburguer deste 2022. Unha decisión que comunicou a Xunta no último pleno de Unidade Muller e Ciencia, onde tiveron en conta a carreira de investigación e divulgación da matemática.

O galardón, outorgado anualmente desde o ano 2007, foi creado polo Goberno autonómico para distinguir ás mulleres galegas con traxectorias nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, "dando valor á súa carreira e converténdoas en referentes para as próximas xeracións". Así mesmo, conta co compromiso do Goberno galego desde a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e leva o nome dunha das pioneiras galegas na área científica.

Nesta liña, desde a Xunta encomiaron a carreira de Vázquez Cendón, polas súas contribucións no estudo das leis de balance hiperbólicas e o seu compromiso coa divulgación, coa súa presenza á fronte do Proxecto de Estímulo do Talento Matemático (Estalmat-Galicia) desde 2021.

A galardoada recibirá o premio nun evento, o vindeiro martes día 20 en Santiago de Compostela, e contará coa presenza de membros do Goberno galego e do ámbito universitario e científico e da sociedade.

A matemática ourensá María Elena Vázquez Cendón. XUNTA DE GALICIA
A matemática ourensá María Elena Vázquez Cendón. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta